Galicia. Procesos e formas

Galeria Municipal Matosinhos
20231024
Esta mostra formou parte do proxecto da representación de Galicia como país convidado da Porto Design Biennale e contou co apoio da Xunta de Galicia a través do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – Diferenza, coa colaboración da Fundación DIDAC. A exposición, comisariada por David Barro, traza un percorrido polo pasado, presente e futuro do deseño galego, a través das achegas de 140 profesionais e empresas que son referentes na aposta polo deseño como motor de innovación dende os anos 20 do século pasado ata o presente.