Pepe Barro

Pepe Barro (Pontedeume, 1955) é deseñador, ilustrador e escritor. Durante anos estivo ligado ao Grupo Revisión, o estudio máis paradigmático dos anos oitenta e noventa en Galicia. Grupo Revisión estudará desde o deseño a cultura galega e o seu imaxinario e, aínda que tamén ten logros fóra de Galicia como o Cuponazo da ONCE (1987), destacaranse por identidades corporativas e logotipos como os de Edicións Xerais de Galicia (1989), Turgalicia (1993), Museo de Belas Artes da Coruña (1994), Asociación de Antigos Alumnos e Alumnas da USC (1997) ou Pazo de Vilane (1997), sempre partindo da tradición para traballala como concepto e devolvela en forma de signo ao popular, ás xentes, para o seu consumo. O traballo de Pepe Barro no deseño galego resulta fundamental, así como o seu labor de cronista, investigador e divulgador das formas e a historia do deseño en Galicia. Cunha traxectoria de 50 anos de profesión, iniciouse no deseño coa realización do cartel gravado en linóleo Homenaxe a Castelao para a Asociación Cultural O Galo en 1973. Ese mesmo ano realiza o citado Carta do pai, unha sorte de cómic con texto de Darío Xohán Cabana. Pepe Barro tiña contacto con Reimundo Patiño e Xaquín Marín e ese mesmo ano realiza o cartel para a exposición Cómic galego no Círculo Mercantil. Nesa mesma década deseña a cabeceira de A Nosa Terra (1977), así como carteis reivindicativos para o día da patria galega (1978) ou contra o perigo de instalar unha central nuclear no concello de Xove (1978). Xa nos oitenta, realiza o cartel de Percival (1983), para o Teatro Antroido de Roberto Vidal Bolaño e traballos como o logotipo da Aula de música da Universidade de Santiago de Compostela (1982) e o postmoderno cartel para Identidades: 24 horas de música, teatro e imaxe en Vigo, encargado pola Xunta de Galicia (1984). Tras o seu paso polo Grupo Revisión, co nome comercial de Barro Deseño, realizará o proxecto museolóxico e museográfico da Casa Rosalía (2017) e do Museo Ramón Cabanillas (2021), o deseño da exposición Con-fío en Galicia (2016), a cabeceira de Nós diario (2019), a imaxe da exposición Galicia Cen (2017), o novo logotipo de Culturgal (2017) ou toda unha gama de produtos para a Adega Terra de Asorei (2018-2022), entre outros traballos.
A Xeración triunfante: os deseñadores Bujados, Ramos e Ribas.
19.12.2023
Hai agora cen anos, tres galegos coroábanse en Madrid como reis do papel couché: as revistas ilustradas, o cartaz, a publicidade, os libros de grande tiraxe, e até a banda deseñada eran o seu ecosistema, sobre todo Federico Ribas, o "debuxante mellor pagado de España", presidente da Unión de Dibujantes Españoles. A obra dos tres deseñadores galegos constrúe a paisaxe gráfica do primeiro terzo do século vinte nos territorios do Estado español.
Pepe Barro aborda A Xeración triunfante nesta palestra na Fundación DIDAC. O título está tomado para a historia do deseño galego da mesma denominación, que Filgueira Valverde introducira na historia da arte galega para Soutomaior, Sobrino e Lloréns, fundamentalmente.
Con esta palestra, Pepe Barro, engade o seu labor de divulgador da historia do deseño, á súa exposición na DIDAC, A cociña de Barro, os cadernos de deseño, coa que o deseñador celebra os seus cincuenta anos de profesión.